Este sábado celébrase en Tui a segunda proba do III Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica

Comezará ás 11.00 horas, no CETD de Tui, cun percorrido no río Miño, estilo slalom, sobre unha superficie dun cuarto de milla
Publicado por o día 08/06/2018 na sección de Galicia,Tui

Este sábado celébrase en Tui a segunda proba do III Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica

Tui volve a ser sede dunha das probas do Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica, organizado polo Club Sen Amarras, coa colaboración da Federación Galega de Motonáutica e do Concello de Tui, no que participarán deportistas con e sen discapacidade.

A cita será este sábado, a partir das 11.00 horas, dende as instalacións de piragüismo e remo de Tui. Trátase dunha competición de regularidade, na que os participantes deberán realizar un percorrido no río Miño, estilo slalom, sobre unha superficie dun cuarto de milla, con diferentes probas: recollida de pelota ou balón, fondeo da embarcación, marcha atrás, zona de aro, amarre e, por último, proba de lance.

A organización aproveitará ese día para realizar o curso para obter a licenza de navegación, tanto para persoas con e sen discapacidade. A inscrición previa realizarase no teléfono do Club Sen Amarras  692 51 66 38.