Este sábado celébrase o IV Encontro da Canción Mariñeira

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de A Guarda,Galicia

Este sábado celébrase o IV Encontro da Canción Mariñeira

O Auditorio de San Bieito será o escenario este sábado día 31 de agosto para a celebración da IV edición do Encontro da Canción Mariñeira, un evento musical que arrancará ás 20:30h.

Nesta IV edición o Encontro da Canción Mariñeira contará coa participación dos grupos  Coiro Vello da Guarda, Orfeao de Vila Praia de Ancora(Caminha) e a Agrupación Coral Polifónica da Guarda.

No repertorio deste encontro os asistentes gozarán da música tradicional galega e portuguesa, moi ligada á cultura mariñeira das vilas da franxa costeira, das redeiras, dos pescadores, dos homes e mulleres do mar.

O evento está organizado pola Coral Polifónica da Guarda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello da Guarda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.