Este sábado regresan os Contos Contados á Biblioteca da Guarda

Por o 12/09/2019 | Sección: A Guarda,Galicia
Este sábado regresan os Contos Contados á Biblioteca da Guarda
Compartir en:

Este sábado día 14 de setembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda retoma as sesións de Contos Contados cun contacontos sobre igualdade e diversidade a cargo de Bego Bras, que terá lugar ás 11:30h da mañá.

Sabela é, en aparencia, unha nena coma outra calquera: chea de soños, valente, aventureira, alegre… pero se afondamos na súa historia descubrimos que hai moi pouco tempo que se chama así, antes era Daniel. Por medio de contos, cancións e teatro loitamos pola concienciación da identidade e igualdade de xénero.

Despois do contacontos os asistentes poderán desfrutar do obradoiro teatral “Como se ergue un neno pola mañá. É unha nena?”

Esta actividade pertence ao Programa Ler Conta Moito 2019: Igualdade e Violencia de Xénero. Está organizada pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración co CIM Centro de Información á Muller da Guarda. O seu obxectivo é a dinamización da lectura que promova a igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.

Por medio de contos, cancións e personaxes queremos achegar ás crianzas a conciencia de que se se quere, pódese. Sen importar xénero, raza, aspecto físico, clase social…
As trabas poñémonolas nós mesm@s a causa da nosa inseguridade e baixa autoestima. Con esta serie de contos de unha hora de duración preténdese, dunha maneira lúdica e divertida, facer ver que, se tés un obxectivo claro que queiras alcanzar, non hai ningún impedimento para que o consigas, só precisas vontade. 

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.