Este venres comeza na Guarda o Ciclo de Cinema de Outono

Publicado por o día 03/10/2018 na sección de A Guarda,Galicia

Este venres comeza na Guarda o Ciclo de Cinema de Outono

Este venres día 5 de outubro comeza na Guarda o ciclo «Cinema de Outono» coa proxección da película «El sueño de Gabrielle», non recomendada para menores de 12 anos.

Esta primeira sesión do Cinema de Outono terá lugar ás 21:00h no Salón de actos do Centro Cultural e a entrada é de balde.

Sobre «El sueño de Gabrielle»

Cunha duración de 120 minutos esta película está ambientada na Francia dos anos 50. Gabrielle (Marion Cotillard) vive nunha pequena vila da Provenza francesa e o seu soño é atopar o amor verdadeiro. Os seus pais a obrigan a casarse con José (Àlex Brendemühl), un granxeiro español honrado e agarimoso, pois pensan que fará de ela unha muller respectable.

O Ciclo de «Cinema de Outono» continuará o vindeiro venres día 2 de novembro coa proxección de «Animales fantásticos», ás 21:00h no Centro Cultural.

Dende a Concellería de Cultura convídase a todos os que desexen asistir a que participen nesta nova edición do «Cinema de Outono».