Este venres saen á venda as entradas para o concerto de OT, o 10 de agosto en Castrelos

Ás 10,00 h de mañá venres, sairán a venda 4.000 entradas para o concerto de OT en Vigo, que actuará en Castrelos o próximo 10 de agosto no que será unha espectáculo único en España. O prezo para aqueles que queiran seguir o concerto desde o foso é de 5 euros, unha cantidade “simbólica”, explicou o rexedor quen engadiu o espectáculo é gratuíto para os que o sigan desde o anfiteatro.
Por o 21/06/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Este venres saen á venda as entradas para o concerto de OT, o 10 de agosto en Castrelos

O alcalde avanzou que mañá venres estarán a disposición do público as entradas para o concerto que Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi, os exitosos artistas coñecidos pola súa participación en OT Operación Triunfo, ofrecerán o 10 de agosto en Vigo. Son aproximadamente 4.000 entradas para seguir o espectáculo desde o foso -o resto do aforo en anfiteatro é gratuíto- e terán un custo de 5 euros, unha “cantidade simbólica”, subliñou o alcalde. Os puntos de venda oficiais son: Ticketea.com, Discos Elepé ou no teléfono 902044226.

Esta cita amplía a oferta musical que o goberno vigués programa para este verán, con nomes de prestixio internacional como Little Steven (12 de xullo), Joan Manuel Serrat (21 de xullo), Maná (23 de xullo), Dorian+Zoe (27 de xullo), Coral Casablanca (28 de xullo), Morat (31 de xullo), Raphael (2 de agosto) e Juanes (8 de agosto). A este respecto, o rexedor destacou que xa se esgotaron as entradas para Raphael e Maná e avanzou que a semana que vén dará o nome do último dos dez concertos que anunciou para este verán así como os nomes dos concertos infantís e xuvenís.

Comentar noticia

Your email address will not be published.