Achegar espazos de convivencia para a poboación infantil de Tomiño e Cerveira e ofertar alternativas de conciliación laboral para as familias ao remate do período esco-lar. Eses son os dous obxectivos principais de ‘Mexe-te nas férias | Móvete nas vacacións’, un pro-grama con actividades deportivas, xogo libre e visitas a espazos culturais de Portugal realizado ao abeiro da Eurocidade Cerveira-Tomiño e que se celebrará o vindeiro mes de xullo.
Este proxecto, escollido como un dos gañadores nas votacións do Orzamento Participativo Trans-fronteirizo 2019, está promovido polas Associaçoes de Pais e Nais dos Centros Escolares Norte e da Vila (Cerveira) e a Mesa de ANPAS dos Centros educativos de Tomiño. Todas as actividades desen-volveranse os luns, mércores e venres dende o 8 ao 31 de xullo e está destinado a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, aínda que en Cerveira tamén estará aberto a nenos e nenas de 3 a 6 anos.
Durante ese mes os e as participantes poderán desfrutar de actividades como cun circuito Eco-Green, actividades de aventura, búsquedas do tesouro, ximnasia acrobática, bádminton, mini trails, baile, xogos na praia, concursos, dun torneo de baloncesto na Praia, probar o surf, xogos acuáticos… e un sinfín de actividades coas que se busca entreter aos nenos e nenas dun xeito activo e divertido. As actividades desenvolveranse en diversos espazos: no ATL Reboreda, no Parque de Lazer do Cas-telinho, no Convento de Sanpayo, na piscina municipal, no monte da Atalaia e na Pista Municipal de Atletismo de Cerveira, así como no Centro Hípico de Melgaço, Vila Praia de Âncora ou na praia do Camarido, entre outros.
Novas actividades en outubro
O vindeiro mes de outubro está previsto a posta en marcha do outro proxecto gañador do OPT 2019, actividades artísticas e medioambientais, de novo dirixidas ao público infantil. Serán actividades coas que se tratará de educar en valores como o coidado e o respecto ao medio ambiente mediante visitas guiadas a unha granxa escola, sensibilizar aos máis pequenos e pequenas na ecoloxía me-diante a vivencia e contacto co medio natural e rural da contorna xeográfica e fomentar o interese polo arte e a creatividade mediante actividades de experimentación con materiais de refugallo. Ade-mais, o proxecto volverá buscar a aproximación entre nenos e nenas de Vila Nova de Cerveira e Tomiño.
Estas actividades estarán dirixidas a dous grupos de idade: a nenos e nenas de 3 a 6 anos, que farán visitas a unha granxa escola onde coñecer os animais, a horta, as áreas de compostaxe, a zona da prehistoria, a queixería e as áreas de enerxías renovables e orientación; e a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, que realizarán actividades artísticas como talleres con materiais de refugallo.
Orzamento Participativo Transfronteirizo
Estes programas de actividades realízanse ao abeiro da Eurocidade Cerveira-Tomiño a través do Orzamento Participativo Transfronteirizo, unha iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e unha das prioridades da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño. Con esta axenda estratéxica preténdese potenciar a participación pública e o po-der de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño, implicando á veciñanza de Cerveira e Tomiño na procura de solucións conxuntas para necesidades comúns. É un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP a través de fondos FEDER da Unión Europea.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.