Este xoves 28 de febreiro diante do Centro de Saúde de Cangas

Por o 26/02/2019 | Sección: Cangas,Galicia,Protestas,Sanidad
Este xoves 28 de febreiro diante do Centro de Saúde de Cangas

Este xoves 28 de febreiro ás 12:00h diante do Centro de Saúde de Cangas, A Voz Da Sanidade de Cangas volvemos estar, XUNT@S aos profesionais da sanidade pública, visibilizando o deterioro da Atención Primaria.

Temos que recordar que, hai dous anos, iniciamos en Cangas a visibilización do deterioro da Atención Primaria coa campaña de recollida de sinaturas (máis de 5.000) para reclamar a permanencia dun equipo de médic@ e de enfermeir@ no servizo de urxencias do PAC. Tamén hai uns meses, nais e pais de todas as parroquias de Cangas, organizáronse na defensa da consulta de Pediatría de Aldán e xuntos foron capaces de convocar a maior mobilización social do Morrazo na defensa dos dereitos asistenciais dos nen@s.

Por outra banda, diferentes colectivos de traballadores sanitarios comezan a denunciar unha situación límite laboral moi difícil de soportar. As súas reivindicación están centradas na dignidade do seu traballo, como profesionais da saúde, para poder prestar unha maior calidade aos seus pacientes. Comeza así por toda Galiciaunha chea de conflitos de colectivos da sanidade, que sorprendentemente á día de hoxe o Sergas aínda non deu solución: folga do persoal dos PAC, dimisión dos xefes de servizo dos Centros de Saúde de Vigo, folga do Servizo de Urxencias do Clínico de Santiago, folga do persoal das ambulacias etc.

Neste contexto de conflitividade o Sergas presenta hai uns días O Plan para mellorar a Atención Primaria. Según declaracións de diferentes asociacións profesionais, as alternativas que se plantexan no dito Plan non satisfecen a nadie, máis ben parece unha maniobra política para dilatar, distraer e dividir, que realmente unha vontade firme e decidida para solucionar os problemas. A conflitividade continua e así o persoal dos PAC rechazaron en votación a oferta do Sergas. O persoal das ambulacias seguen sen chegar a un acordó. O novo modelo que propón o Sergas de contratación para dar estabilidade laboral aos médicos non conta co consenso sindical.

A VOZ DA SANIDADE DE CANGAS imos presentar un escrito ao Sr. Conselleiro de Sanidade para que nos remita copia de O Plan de mellora da Atención Primaria e así coñecer se dito Plan recolle unha nova orientación asistencial cara a prevención á promoción da saúde da cidadanía e saber tamén se contempla aspectos que manifestaros os cidadan@s nas enquisas para mellorar o Servizo de HADO (destinar máis recursos e asistencia diaria) e facilitar dende os Centros de Saúde o cambio de citas hospitalarias.

Por todo isto, tod@s Xunt@s debemos defender o noso sistema sanitario público e responsabilizar á Administración do seu abandono e da situación actual.

Desde A Voz Da Sanidade De Cangas, volvemos a facer un chamamento á veciñanza para que participe este xoves 28 no paro simbólico de 5 minutos ás 12 da mañá diante do Centro de Saúde de Cangas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.