Estes foron todos os incidentes esta pasada fin de semana en Cíes

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Estes foron todos os incidentes esta pasada fin de semana en Cíes

Novamente hai que apuntar o servizo que os axentes do corpo da Policía Local de Vigo prestan en Cíes.

Esta vez as súas actuacións na illa centráronse en cuestións encadradas na seguridade cidadá, ou máis concretamente na atención ás normas básicas de convivencia, desprazando do posto de protagonismo que ocupaban ás axudas humanitarias.

Mantendo o seu labor de control e vixilancia en colaboración coas demais institucións e corpos que tamén teñen competencias na illa.

No ámbito de vixilancia e control de aforo, o sábado ás 09:30 horas comprobáronse que pernoitaran 677 persoas, distribuídas do seguinte modo: 579 campistas, uns 60 traballadores dos distintos locais e 38 persoas do campo de traballo.

Na mañá do mesmo día, desde as 12:30 ata as 3:45 horas, celebrouse unha festa privada nunha das vivendas particulares da illa.

Á mesma acudiron preto dunha trintena de persoas, polo que a partir das 2:45 ata as 3:45 horas realizouse un control polas inmediacións, comprobando que a saída dos asistentes foi graduada e sen causar ningún problema.

Doutra banda as altas temperaturas da xornada do sábado, animaron ao paseo na cálida tarde-noite, os axentes realizaron un labor de control en atención ao labor de bo uso dos espazos habilitados, en aras á protección da fauna e flora autóctonas.

Ao obxecto de atender este labor, desde as 20:45 ata as 22:15 horas, apoiando a un dos axentes forestais, realizouse un percorrido no seu vehículo e a pé pola illa do Faro.

Concretamente controláronse os accesos e cantís do Faro de Cíes, Pedra da Campá e Miradoiro dos Paxaros, ao obxecto de garantir que a gran cantidade de xente que paseaba os camiños, respectase os carreiros, evitando o seu abandono, e segundo o caso, condutas de risco.

Durante este servizo producíronse varias novidades:

Localizáronse a dous mozos duns 25 anos accedendo á zona do cantil de subida ao Faro de Cíes, tratando de facerse uns selfies, polo que se lles ordenou a inmediata saída do lugar polo grave de risco de despeñarse que entraña esa zona.

Posteriormente, na última curva de acceso ao devandito faro, localizáronse a tres nenos duns doce anos tratando de acurtar camiño escalando unhas rochas, facéndolles volver ao camiño, e explicándolles o risco que corrían. Posteriormente entregóuselles aos seus respectivos pais, que estaban preto, convidándolles a exercer un maior control sobre os seus fillos.

Controlouse tamén a un grupo de campistas que, baixando do faro, íanse gritando uns a outros e a quen se informou de que, sendo un parque nacional, está prohibido ese tipo de condutas, así como facer ruído excesivo, algo que está expresamente contemplado nas normas para seguir nas illas.

Ese mesmo día, e na mesma liña, desde as 02:10 horas realizaron de madrugada, un control nos camiños de acceso ao cámping e as zonas onde se adoita reunir a xente para evitar a práctica do botellón, acompañados neste labor dos Axentes Forestais.

Ao comezo deste servizo, localizáronse a un campista no camiño do cemiterio, que ía só, moi ebrio, gritando e cantando a viva voz.

Cominóuselle a que cesase na súa actitude, en aras ao respecto das normas e demais usuarios desta paraxe natural, pois pola contra terían que denuncialo.

Foi suficiente coa advertencia, debido a que durante a noite, foi atopado en distintos lugares da illa do Faro, sendo o seu comportamento do todo punto correcto.

Ás 02:35 horas, localizouse a un grupo de sete persoas, catro homes e tres mulleres, que estaban a departir animadamente nunhas mesas de pedra que hai no camiño de baixada á praia da nosa Señora.

Estes mozos xa fora advertidos na noite anterior polo Axente Forestal para que evitasen que esa actividade xerase ruído ou causase molestias, cando se atopaban no miradoiro de madeira da praia de Rodas, non tendo problemas con eles.

Nesta noite non estaban a facer ruído e posteriormente comprobouse que recolleran a zona na que se atopaban.

Este labor foi retomada na tarde noite do día 25, pero esta vez, sen novidades destacables.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.