Estes son os prezos do timo do PP no novo aparcadoiro do CHUO

Por o 11/03/2018 | Sección: Política,PSOE,Sanidad
Estes son os prezos do timo do PP no novo aparcadoiro do CHUO

O PP ven de licitar o maior timo da década en Ourense. O aparcadoiro público do novo Hospital Universitario, construído e pagado integramente con cartos públicos de todos e todas, vai ser regalado a unha empresa mediante unha concesión durante 30 anos. A cambio, a empresa gañadora pagará un canon irrisorio á Xunta de Galicia e cobrará moi caro ós cidadáns por aparcar nunha infraestrutura que xa pagaron cos impostos que adicamos a financiar a sanidade pública.

Os socialistas defeden que non é necesario explotar este parking público mediante unha concesión privada xa que é unha obra pública que xa está feita e pagada e, polo tanto, a súa privatización responde unicamente a un fin: engordar as contas correntes dunha empresa mentres vacían os petos dos ourensáns.

Estes son os abusivos prezos que a empresa vai cobrar co consentimento da Xunta, do PP e de Baltar, que aplaudiu o timo durante o último pleno da Deputación de Ourense.

Estamos ante unha nova afrenta dos conservadores contra a sanidade pública.

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.