Estrea en Vigo | Proxección ‘Fisterra Carne de Safari’ – Olaia Sendón

Publicado por o día 18/09/2017 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

Estrea en Vigo | Proxección ‘Fisterra Carne de Safari’ – Olaia Sendón

Temos a sorte de acoller á estrea en Vigo na 35.ESAV a película ‘Fisterra Carne de Safari’ de Olaia Sendón. Mañá, martes 19 de setembro ás 20:00h (35.ESAV C/Condesa Casa Bárcena, 11) proxectamos esta curtametraxe nesta escola dedicada o cinema e a fotografía.

A curtometraxe ‘Fisterra Carne de Safari’ naceu o verán pasado cando Olaia Sendón facía duas cousas, unha curta e un neno, e ambos viron a luz en outubro, esa curta é Fisterra carne de safari e ese neno é xandre e a el van adicados os 30 minutos que dura. Fisterra, carne de safari é un video que orbita sobre o concepto de Fisterra como un territorio a habitar, a vivir, un espazo sobre o que construir unha memoria íntima e privada que nos axude a configurar unha identidade propia.

‘Fisterra Carne de Safari’ ( que foi un dos 6 proxectos pra curtas escollidos polo AGADIC dentro das axudas a talento do 2016) escolle veciños (Alexandre Nerium, PAlmira Castro, Juan Creus….) e lugares ( arnela, Sardiñeiro, Calcoba, o Faro propiamente dito….) como eixo vertebrador do proxecto. Os espazos e as personas convertense en contos que unha nai conta ao seu fillo por nacer, contos sobre os que se construe un imaxinario propio. Porque o vídeo non é mais que este primeiro achegamento ao que serán os espazos da súa infancia, os lugares da súa identidade.

Olaia Sendón é nada en Ourense en 1978, pero vive en Vigo ata que marcha estudiar Comunicación Audiovisual pola Universidade Autónoma de Barcelona e docente na Escola de Imaxe e Son da Coruña desde o ano 2002. A Casa de Lola de Andrés (2006), sobre a especulación inmobiliaria, supuxo a súa primeira incursión no documental. Con esta peza inaugurou tamén unha serie de pezas sobre a memoria da Costa da Morte, da que forman parte Os fabulosos irmáns da luz (2007), sobre os espazos de cinema desaparecidos, e a longametraxe Crebas, unha visión do mar a través das cousas que chegan á ribeira. En 2009 realizou Catálogo de galaxias sociais, vídeo que acompaña o disco Kosmogonías, de Berrogüetto. Nese mesmo ano naceu Pequenas superficies, unha aproximación ao universo das pequenas tendas de barrio. Seguindo no eido da multidisciplinariedade creou en 2012 Kaufland Mo, unha web, instalación e longametraxe documental que gañou o VIII premio de novos valores Auditorio de Galicia. Entre os seus traballos recentes destacan as videocreacións The Gaze of the Beachcomber, seleccionada para formar parte do Gstaadfilm Festival (Suíza) e do SeeMor Festival (Gales), e Mijau, escollida polo Curtmetratges Gandules organizado polo CCCB de Barcelona e tamén polo Festival Internacional de Cine Independiente de Elche e pola Festa de Antropologia, Cinema e Arte (FACA) de Lisboa. O sua curtametraxe ‘ ½ ‘ forma parte da película colaborativa ‘Visións‘ que tivo gran percorrido en festivais nacionais e internacionais.