Estréase en Vigo a película “A palabra Xusta” protagonizada por Antia Cal

Publicado por o día 20/12/2016 na sección de Cultura,Vigo

Estréase en Vigo a película “A palabra Xusta” protagonizada por Antia Cal

Unha cidade como Vigo faise coa aportación de moitas mulleres ao longo de moito tempo. Nós puxemos o obxectivo das nosas cámaras sobre unha delas: Antía Cal, a fundadora da escola Rosalía de Castro.

Despois de moitos meses de traballo chega ás pantallas A PALABRA XUSTA. A historia dunha mestra comprometida que fundou en Vigo o Colexio Rosalía de Castro. Un faro para a nova pedagoxía.

A música de Nani García, as voces de Javier Gutiérrez e Rebeca Montero, as paisaxes de Muras, as cartas de amor que lle escribiu o seu home Antón Beiras e unha casa parada no tempo… Todos dialogan cunha pedagoga de 92 anos que fai un balance honesto e sen prexuizos do tempo que lle tocou vivir.

A PALABRA XUSTA. Unha produción independente.

O 26 e 27 de decembro no Cine Salesianos de Vigo. Merca a túa entrada en http://entradas.abanca.com/es/event/a-palabra-xusta/

Vémonos no cine. Comparte nas túas redes!

Cartaz da película