Estrella Galicia únese ao compromiso Cíes Patrimonio da Humanidade

Caballero agradeceu á cervexeira esta edición especial e o seu apoio continuado á cultura e o patrimonio de Vigo. Máis de 20 millóns de botellas etiquetadas coa imaxe do arquipélago serán distribuídas por toda España.
Publicado por o día 16/01/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Estrella Galicia únese ao compromiso Cíes Patrimonio da Humanidade

Estrella Galicia lanza hoxe unha edición especial da súa cervexa protagonizada polas Illas Cíes. Máis de 20 millóns de botellas cunha etiqueta na que loce o arquipélago distribuiranse por toda España e animarán aos usuarios para apoiar a candidatura impulsada polo Concello. “Apoiar a candidatura das illas Cíes a Patrimonio da Humanidade é a mellor forma de mostrar ao mundo una das mil marabillas de Galicia”, reza a etiqueta, que ademais anima a votar pola candidatura na web ciespatrimonio. vigo. Org.

Caballero agradeceu esta mañá -durante a presentación no Auditorio Mar de Vigo- o apoio que a Corporación Hijos de Rivera “manifesta sempre cara a Vigo, as súas festas, a súa cultura e o seu patrimonio”. En concreto, o alcalde aplaudiu esta nova iniciativa que tiveron para apoiar a candidatura da Unesco. “Vigo caracterízase pola súa querenza ao medio ambiente e sabemos que as Cíes son unha xoia excepcional, por iso querémolas Patrimonio, para mostrarlles o noso respecto e conseguir que se manteñan intactas como ata o de agora”, afirmou.

O alcalde lembrou, ademais, que a campaña da compañía cervexeira é respectuosa co medio ambiente e os envases son retornables, ao que se une “a enorme calidade e sabor do produto”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.