Ethel Vázquez avanza a posta á disposición das familias de Vigo de 62 novas vivendas de promoción pública cun investimento superior aos 8,4 millóns de euros

Salienta que estas actuacións responden á política de vivenda da Xunta de construción de pisos protexidos nas grandes cidades galegas
Publicado por o día 26/09/2018 na sección de Galicia,Vigo

Ethel Vázquez avanza a posta á disposición das familias de Vigo de 62 novas vivendas de promoción pública cun investimento superior aos 8,4 millóns de euros

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe a posta disposición das familia de Vigo de 62 novas vivendas de promoción, cun investimento autonómico que supera os 8,4 millóns de euros.

Salientou que estas actuacións responden á ambiciosa política de Vivenda da Xunta, que marcase como prioritario a construción de vivendas protexidas nas grandes cidades galegas, onde a demanda é maior e onde se ten acreditado maiores necesidades.

Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, quixo supervisar hoxe as obras de construción de 26 novas vivendas de promoción pública en Vigo, concretamente, na rúa Canicouva.

Trátase de vivendas de 4, de 3 e de 2 dormitorios, 3 deles adaptados a persoas con mobilidade reducida, que contarán con garaxe e rocho, patio exterior e con acabados de calidade. E que están situadas, ademais, nunha zona estratéxica da cidade como é o acceso á Universidade e ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro.
Subliñou que esta intervención ten como obxectivo de facilitar o acceso a unha vivenda a tódalas familias que precisen axuda para iso, e a construción desta vivendas de promoción pública na rúa Canicouva posibilita por a disposición de 26 familias de Vigo fogares a un custe asumible.

Explicou que nesta actuación a Xunta está a investir 3,4 millóns de euros e os traballos, que se acaban de iniciar, contan cun prazo de execución de 24 meses.
A conselleira sinalou que neste intre a Xunta ten en marcha outras iniciativas en materia de vivenda para os vigueses, concretamente outras 36 vivendas de promoción pública en Cambeses, nas que se está a avanzar na súa execución dos traballos xeotécnicos.

Deste xeito, incidiu, o departamento de Infraestruturas da Xunta traballa a día de hoxe na construción en Vigo de 62 novas vivendas de promoción pública, cun investimento autonómico que, en total, supera os 8,4 millóns de euros, para poñer estas vivendas a disposición dos cidadáns de Vigo.
Ethel Vázquez lembrou ao tempo os traballos que se están a facer para sacar adiante a ampliación de solo residencial para vivenda protexida en San Paio de Navia e impulsar así outras 1.600 novas vivendas protexidas.

E referiuse ás actuacións en materia de rehabilitación realizadas a través do Consorcio Casco Vello de Vigo, que ten mudado completamente a imaxe do Casco Vello e no que o departamento de Infraestruturas da Xunta achega o 90% do seu financiamento.
En definitiva, destacou, todas estas actuación amosan a clara aposta do Goberno autonómico con importantes actuacións en materia de vivenda protexida aquí en Vigo, para facilitar o acceso á vivenda ás familias, con especial atención ás que máis o necesitan.

A conselleira subliñou que Vigo é a cidade de Galicia onde a Xunta ten máis vivendas públicas en construción, onde está o núcleo histórico con maior orzamento mobilizado en rehabilitación e onde se está a impulsar o polígono de solo residencial para vivenda protexida máis grande da Comunidade.