Ethel Vázquez destaca o avance na modernización do transporte público co impulso dunha a app que informará aos pais dos usuarios do bus compartido da chegada dos escolares ao centro

Vázquez Mourelle subliña que o Goberno galego traballa para seguir mellorando e aproveitando esta modernización do transporte público e reforzando a seguridade e a atención dos escolares que usan os buses compartidos
Por o 21/09/2018 | Sección: Xunta de Galicia
Ethel Vázquez destaca o avance na modernización do transporte público co impulso dunha a app que informará aos pais dos usuarios do bus compartido da chegada dos escolares ao centro

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou hoxe en Lousame o funcionamento do transporte compartido, nunha das rutas nas que os acompañantes dos escolares do autobús están a empregar en probas unha nova aplicación que reforza a seguridade dos nenos no transporte.

Ethel Vázquez destacou que se trata dun paso máis na modernización do transporte público, pois a aplicación que se está a desenvolver, cando estea plenamente operativa, informará aos pais dos usuarios do bus compartido da chegada dos escolares ao centro de ensino. Ademais os acompañantes escolares poderán realizar un maior seguimento e control dos alumnos que suben e baixan en cada parada. Esta aplicación, en probas nalgunha ruta, está a ser desenvolvida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia ( Amtega) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda salientou que esta app demostra que o Goberno galego continúa traballando para seguir mellorando e aproveitando esta modernización do transporte público e para reforzar a seguridade e a atención dos escolares que usan os buses compartidos.

Subliñou que o transporte compartido, no seu primeiro ano de funcionamento en Galicia, ten permitido que 110.000 persoas aproveitaran as prazas baleiras dos autobuses escolares para facer os desprazamentos cotiás.

Indicou que coller o autobús compartido, unha das novas modalidades de transporte postas en marcha o ano pasado, é unha boa maneira de celebrar a semana europea da mobilidade, este ano, baixo o lema “Combina e Móvete”, para fomentar o uso do transporte público colectivo.

Trátase dunha clara aposta da Xunta por un modelo de transporte público colectivo con máis servizos para os veciños e tamén máis eficiente e máis proveitoso para a sociedade. Con estes sistemas o autobús chega a máis lugares, cun 37% máis de km percorridos, triplicando o número de paradas e rebaixando as tarifas en practicamente todas as novas liñas.

Concretou que a Xunta está avanzando cara a un transporte máis útil para os cidadáns, especialmente para os veciños do rural; máis sostible desde unha perspectiva económica e ambiental; e máis preparado para aproveitar os beneficios das novas tecnoloxías. Precisou que este é o modelo a seguir impulsando na 2ª fase do Plan de transporte público que está en marcha.

Comentar noticia

Your email address will not be published.