Ethel Vázquez salienta o compromiso do Ministerio para que as futuras obras na AP-9 se financien sen novas repercusións nas peaxes

Vázquez Mourelle lembra que foi o goberno de Zapatero o responsable da subida das peaxes que os galegos deberán asumir para financiar a ampliación da autoestrada e o que deixou amarradas condicións vantaxosas para a concesionaria e gravosas para os galegos
Por o 25/01/2018 | Sección: Cangas,Galicia,Vigo
Ethel Vázquez salienta o compromiso do Ministerio para que as futuras obras na AP-9 se financien sen novas repercusións nas peaxes
Compartir en:

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe no Parlamento de Galicia que a comisión conxunta da AP-9, cuxa terceira reunión tivo lugar onte, ratificou o compromiso do Ministerio de Fomento de que as novas ampliacións ou actuacións pendentes nesta autoestrada se realizarán con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado, sen repercusións sobre as peaxes.

Vázquez Mourelle indicou que na reunión da comisión celebrada onte, o Ministerio de Fomento manifestou o seu compromiso a financiar a través dos Orzamentos do Estado as novas obras de mellora de conectividade que se leven a cabo na AP-9 en Santiago, na Coruña, en Pontevedra e en Vigo.

Explicou que a Xunta, no encontro mantido onte, demandoulle a Fomento que se evitara unha decisión gravosa para Galicia como a adoptada e asinada polo Goberno socialista de Rodríguez Zapatero, reflectida no Boletín Oficial do Estado mediante un real decreto que amarra a suba das peaxes. Concretou que esta suba nun 1% acumulativo anual terá lugar porque houbo un Goberno socialista que blindou que as obras de ampliación da AP-9 as pagasen os galegos cun incremento das peaxes.

A titular de Infraestruturas destacou a utilidade e eficacia deste foro, no que onte tamén se abordou o enlace Orbital de Compostela, que ten o trámite expropiatorio en marcha. Precisou que para avanzar neste proxecto será fundamental a aprobación dos Orzamentos do Estado.

Ethel Vázquez fixo fincapé en que na reunión de onte a Indica que a Xunta trasladou a Fomento a demanda social de bonificación da peaxe entre Vigo e Redondela, para equiparar a situación á de Santiago, Ferrol ou Lalín.

O Goberno galego entende que é unha decisión lóxica e xusta, xa que resulta difícil de explicar que se fagan gratuítos os traxectos do Morrazo a Vigo e que a peaxe de Redondela, que forma parte dese traxecto, haxa que pagala.

Lembrou que esta Comisión permitiu evitar que a Xunta teña que aboar unha peaxe dunha infraestrutura estatal que pon fin á obriga subvencionar un convenio asinado polo goberno bipartito da Xunta e que lle aforra aos galegos 400 M€ ata o final da concesión polas bonificacións de Rande e A Barcala.

Vázquez Mourelle subliñou que o Executivo autonómico só entende un modo de defender os intereses dos galegos, que radica na responsabilidade, no traballo arreo e nos feitos.