Ethel Vázquez salienta que a flexibilización das tarifas acordada co sector do taxi contribuirá a un maior equilibrio cos vehículos VTC

Vázquez Mourelle explica que esta medida incluída na Lei de Medidas Fiscais e Administrativas da Xunta responde á petición das federacións do sector e á filosofía do diálogo coa que se aprobou o pasado ano o Regulamento do Taxi
Publicado por o d√≠a 28/10/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Ethel Vázquez salienta que a flexibilización das tarifas acordada co sector do taxi contribuirá a un maior equilibrio cos vehículos VTC

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou que a medida de flexibilización das tarifas acordada co sector do taxi contribuirá a favorecer a mobilidade dos usuarios e a acadar un maior equilibrio cos vehículos VTC.

Vázquez Mourelle, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, reuniuse hoxe con representantes do sector do taxi desta cidade e da provincia de Pontevedra, aos que lle explicou que esta medida incluída na Lei de Medidas Fiscais e Administrativas da Xunta achegará maiores facilidades ao sector e aos usuarios.

Indicou que esta opción responde á petición das federacións maioritarias do sector e a filosofía do diálogo coa que a Xunta aprobou o pasado ano o Regulamento do Taxi.

Subli√Īou que o texto normativo avanza na regulaci√≥n do servizo do taxi, reforza as garant√≠as xur√≠dicas do sector e tam√©n as prestaci√≥ns aos usuarios. Puxo como exemplo unha maior implantaci√≥n do taxi adaptado e de baixas emisi√≥ns, contribu√≠ndo as√≠ √° renovaci√≥n progresiva do parque m√≥bil ao tempo que se favorece o cambio clim√°tico.

Tam√©n lembrou que a√≠nda que a regulaci√≥n dos VTC √© unha competencia estatal, responsabilidade do Ministerio de Fomento, a Xunta aprobou unha orde regulatoria para que estes veh√≠culos en Galicia dispo√Īan dun distintivo identificativo, de uso obrigatorio.

Precisou que hai 336 VTC na comunidade que solicitaron o distintivo e xa circulan co mesmo, sendo así máis doado realizar labores de control e vixilancia, nos que a consellería colabora coa Garda Civil e coa Policía Local para garantir que se cumpra a lei.

Fixo fincap√© en que a Xunta segue a traballar intensamente no marco das s√ļas competencias para contribu√≠r √° convivencia harm√≥nica entre o colectivo do taxi e dos veh√≠culos de alugueiro con condutor.

Non obstante, indicou que o Goberno galego agarda a que o Ministerio de Fomento convoque un novo comité sobre VTC para analizar e decidir as opcións máis convintes para Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.