Ethel Vázquez salienta que o investimento de 1,2 millóns de euros no concello abre Baiona ao mar, mellorando ao tempo a seguridade viaria e a mobilidade sostible de veciños e visitantes

Vázquez Mourelle detalla as intervencións acometidas para conseguir a reordenación do tráfico, incrementar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade nesta municipio, nas que se investiron arredor de 700.000 euros,
Por o 10/05/2018 | Sección: Baiona,Galicia,Xunta de Galicia
Ethel Vázquez salienta que o investimento de 1,2 millóns de euros no concello abre Baiona ao mar, mellorando ao tempo a seguridade viaria e a mobilidade sostible de veciños e visitantes

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe o investimento de 1,2 millóns de euros no concello de Baiona, contribúe a abrir a vila ao mar, a o tempo que permite mellorar a seguridade viaria e a mobilidade sostible dos veciños e a todas as persoas que visitan este municipio.
Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, supervisou o remate das obras de reforzo da seguridade viaria e de mellora da mobilidade executadas na PO-552, a estrada Vigo-Tui, ao seu paso por este concello.

A conselleira detallou os traballos realizados para conseguir a reordenación do tráfico, incrementar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade na travesía de Baiona. As actuacións, cun investimento de arredor de 700.000 euros, incluíron o reforzo do firme da estrada nun treito de 3 quilómetros, a construción dunha nova glorieta para favorecer o acceso ás instalacións da lonxa e do porto deportivo, e a execución dunha senda peonil e ciclista no Paseo Marítimo que une este punto co acceso ao Parador.

Segundo explicou a titular do departamento de Infraestruturas, se realizaron ademais unha serie de actuacións complementarias moi ambiciosas. Entre elas, acondicionar a zona para taxis e autobús, manter a continuidade co itinerario peonil e ciclista xa existente, a construción de zonas de estancia e recreo, así como a renovación do alumeado público e colocación de novos puntos de luz e de mobiliario urbano.

Referiu que nestes días se completarán os traballos na zona, coa instalación de semáforos, a colocación dunha varanda e bolardos e a mellora dos pasos de peóns no Paseo Marítimo. Actuacións, subliñou, que redundarán aínda máis na seguridade de peóns e usuarios.

Ethel Vázquez destacou que todas estas actuacións permiten mellorar toda a contorna, estando a punto -tras 6 meses de obras- para o inicio da nova tempada estival. Época do ano, na que o municipio rexistra maior afluencia de turistas e visitantes, que atoparán un novo espazo con maiores garantías para vehículos, peóns e ciclistas, dixo.
A consellería de Infraestruturas e Vivenda está a face varias intervencións nesta zona de reforzo da seguridade viaria e de promoción dunha mobilidade máis sustentable, enmarcándose esta actuación no Plan de Sendas de Galicia que, para a comarca de Vigo, recolle a construción de 11 novas itinerarios peonís e ciclista, que supoñen un investimento de 5,4 millóns de euros.

A actuación da consellería na senda está cofinaciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Nova senda na praia de Santa Marta

Coincidindo coa supervisión das actuacións no municipio, Vázquez Mourelle avanzou a licitación dunha nova senda no treito da praia de Santa Marta, e na que o seu departamento investirá 555.000 euros. Esta senda dará continuidade ao carril-bici existente, e inclúe a reposición e ampliando da sección da actual pasarela de madeira, de modo que teña un espazo delimitado para ciclistas. As obras se licitarán este mesmo mes e se iniciarán en outono, para tela rematada no inverno.

Estas intervencións, incidiu, amosan a aposta da Xunta pola mellora da seguridade viaria e da mobilidade en Baiona, cun investimento total de máis de 1,2 M€.

Vázquez Mourelle quixo lembrar ademais outras actuación que está a acometer o departamento que dirixe no conxunto da comarca do Val Miñor. En concreto, falou das intervencións de reforzo da seguridade viaria para suprimir os 6 treitos de concentración de accidentes das estradas PO-331 e PO-552, por 1,5 millóns de euros. Actuacións que forman parte da iniciativa da Xunta de ter eliminados en 2020 todos os TCAS nas estradas autonómicas.

En definitiva, cando se completen as sendas en execución e as que están previstas, se disporá dun itinerario peonil e ciclista que unirá Vigo e Gondomar con Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda a través das estradas autonómicas. O que da idea, concluíu a conselleira, da aposta do Goberno galego pola mobilidade sostible e por contar cunhas estradas máis seguras e nas que convivan con garantías vehículos, peóns e ciclistas.