EU-SON presentamos ao próximo Pleno a seguinte MOCIÓN en SOLIDARIEDADE COAS TCAEs (Técnicos de Cuidados Auxiliares de Enfermería) DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

Publicado por o día 06/06/2018 na sección de Esquerda Unida,Política

EU-SON presentamos ao próximo Pleno a seguinte MOCIÓN en  SOLIDARIEDADE COAS TCAEs (Técnicos de Cuidados Auxiliares de Enfermería) DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

EU-SON presentamos ao próximo Pleno a seguinte MOCIÓN en SOLIDARIEDADE COAS TCAEs (Técnicos de Cuidados Auxiliares de Enfermería) DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

Motivos:

O Goberno Autonómico de Feijoo en Galicia, foi o que impulsou a privatización máis profunda e de máis alcance do estado. A gran posta en escena do modelo de colaboración Público-Privada foi a construción e xestión do hospital de Vigo (Álvaro Cunqueiro) cun sobrecusto do centro, que pasou de 450 a 1750 millóns, asumido polo erario público sen que isto carrease melloras, xa que rebaixaron o número de camas, os quirófanos, ou a superficie de Urxencias e os sevizos de radioloxía.

Preocupantes son as derivacións masivas aos hospitais privados, que sempre son xustificadas como alivio ás crecentes listas de espera, unhas listas que non cesan de incrementarse debido á paulatina redución de persoal sanitario na Sanidade Pública.

Este binomio público-privado ensaiado polo Partido Popular para o Hospital Álvaro Cunqueiro foi altamente contestado na área sanitaria de Vigo con manifestacións históricas pola alta participación da cidadanía. Para contrarrestar esta alarma social, a administración autonómica utilizou todos os resortes para vender unha imaxe de normalidade para este macro centro hospitalario, desde campañas de prensa ata purgas do persoal médico máis contestatario. Un relato de normalidade que non calou do todo entre unha cidadanía moi sensible a calquera noticia que deixase patente a excepcionalidade deste hospital que foi un fervedoiro de mobilizacións desde o seu recente posta en funcionamento e case todas elas para denunciar como a dirección política privilexia aos xestores privados en detrimento de o público.

O último conflito están a protagonizalo as TCAEs, auxiliares de enfermería, que fartas de ser as mulas de carga viron como a súa demanda de incrementar o persoal, foi respondida pola Dirección do hospital cun NON e a continuación co aumento das tarefas diarias asumindo cargas de traballo que claramente correspondían á empresa privada concesionaria da xerencia do hospital.

O detonante das mobilizacións foi a orde ás TCAEs de asumir a tarefa de trasladar as bolsas de roupa sucia dos pacientes cando as auxiliares de enfermería xa están desbordadas ao ser obrigadas a desempeñar labores tamén impropios como a de camareiras.

A administración quere poñer o acento sobre a desobediencia das TCAEs presentándoo como un feito puntual e que a negativa para recoller ditas bolsas é froito só desa ociosidade enfermiza arraigada no funcionariado que tan interesadamente instauraron no imaxinario popular.

Por suposto, non faltou a aplicación da consabida receita de apertura masiva de expedientes disciplinarios nun van intento de desarticular as mobilizacións e do uso das forzas policiais para invisibilizar as protestas retirando pancartas e carteis da fachada do hospital.

Para que as TCAEs non sexan a primeira e única barreira contra o latrocínio do ben común é necesario que dende as institucións as forzas políticas expresemos o noso apoio ás súas demandas .

Polo cal solicitamos ao Pleno os seguintes ACORDOS:

Solicitamos que o Concello do Porriño exprese o súa solidariedade ao persoal TCAEs; o apoio ás súas reivindicacións e a defensa da Sanidade Pública; ademais de deixar patente o rexeitamento ás coaccións exercidas pola Dirección do Hospital Álvaro Cunqueiro contra estas traballadoras.