EU súmase e fai un chamamento á participación na mobilización galega deste domingo 10 para denunciar o desmantelamento da sanidade pública por parte do PP

Por o 08/02/2019 | Sección: Esquerda Unida,Política
EU súmase e fai un chamamento á participación na mobilización galega deste domingo 10 para denunciar o desmantelamento da sanidade pública por parte do PP

Esquerda Unida súmase á mobilización convocada por SOS Sanidade Pública, que terá lugar este domingo 10 de febreiro, encamiñada a frear o desmantelamento da nosa sanidade pública posto en práctica polo goberno do PP e a prol de atender as demandas do persoal sanitario, de cara a dar unha axeitada calidade de servizo á cidadanía.   

“Nos últimos 10 anos temos perdido un 9% de orzamento sanitario, que repercute no número de profesionais que traballan na nosa sanidade pública. Por máis mentiras que repita o Sr. Núñez Feijóo, nótase porque temos menos pediatras, os pais e as nais teñen que saír a rúa a reclamalos; nótase porque temos menos persoal en atención primaria, nótase porque vivimos esperas para acudir ao médico de cabeceira de ata 7 días; nótase porque temos menos persoal nas urxencias e nótase porque a folga dos PACs leva xa tres meses sen resultados. Non podemos seguir así”, apunta a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla.

Dende Esquerda Unida entendemos que a sanidade pública é o único sistema que garante o dereito á atención á saúde e, polo tanto, “o que fai o PP cando recorta na sanidade é recortar os dereitos de todas as galegas e galegos. Queremos un sistema sanitario público de calidade e dignidade para os nosos profesionais sanitarios”, apunta Eva Solla. Por todo isto, facemos un chamamento para sumarnos á mobilización deste domingo 10 de febreiro, porque nunca máis podemos sufrir casos como o que está a ocorrer nas urxencias de Compostela, nin o que pasou no PAC da Estrada. “Merecemos un sistema público de calidade, é o noso dereito”, conclúe.

Comentar noticia

Your email address will not be published.