Esquerda Unida Vigo celebrará un videoforum e posterior charla-debate sobre a “Crise humanitaria ás portas de Europa”

EU Vigo organizou para o vindeiro martes 5 ás 19:30h. no Paraninfo do antigo Rectorado da Universidade na rúa Oporto, 1 unha xornada de solidariedade coas persoas migrantes e refuxiadas.
Publicado por o día 04/04/2016 na sección de Esquerda Unida,Política

Esquerda Unida Vigo celebrará un videoforum e posterior charla-debate sobre a “Crise humanitaria ás portas de Europa”

No acto participaran:

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda e membro da executiva nacional de Esquerda Unida Xabier Ron, gran activista pola defensa dos dereitos humanos e colaborador permanente de asociacións de solidariedade internacional, tamén se contará coa presencia de Nour Al-Hussen activista e politóloga galegasiria dominadora da geopolítica do Mundo Árabe, voz incansable das súas compatriotas silenciadas e estará tamén o voceiro nesta ocasión do Foro Galego da Inmigración Miguel Fernández que contará os eixos principais da súa organización e os proxectos e espacios nos que están a traballar.

O acto comezará co visionado dun breve pero intenso documental feito polo xornal dixital “eldiario.es” titulado “Las Muertes de Ceuta”, que servirá como introducción as ponencias da mesa e porteriormente a participación aberta todas as asistentes a charla-debate. Para elo xa temos confirmada a asistencia de activistas e colaboradores permanentes con colectivos migrantes, algúns deles recén chegados das zoas quentes nos conflitos.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO