EU Vigo expresa o seu firme e incondicional apoio a RSP de Vigo e moi especialmente a súa voceira e compañeira Elisa Pérez

Publicado por o día 16/02/2016 na sección de Esquerda Unida,Política

EU Vigo expresa o seu firme e incondicional apoio a RSP de Vigo e moi especialmente a súa voceira e compañeira Elisa Pérez

Dende a súa fundación a RSP de Vigo foi un referente na nosa cidade de ferramenta real de resistencia ante a situación de crise económica empeorada aínda máis polas nefastas decisións políticas tanto do PP no goberno da Xunta coma do PSOE no Concello de Vigo. Decisións que agrandaron a fenda da desigualdade e que priman a confrontación entre iguais. Ante eses parámetros a RSP propuxo a colaboración e a solidariedade.

As nosas compañeiras e compañeiros da RSP demóstrannos todos os días a empatía e complicidade que existe nas persoas da esquerda, esta empatía fundida entre unha gran perseveranza e moito traballo, demóstrannos que unidas e con colaboración entre iguais calquera dificultade por grande que sexa é superable.

EU Vigo solicítalle a xustiza que corrixa o intento de criminalización da RSP de Vigo pola liberación do espazo na que esta desenvolve a súa importante acción social. Non se pode condenar a enorme labor social que esta a realizar este colectivo para o ben das persoas máis desfavorecidas da nosa cidade.

Tamén solicitamos a participación de toda a nosa militancia e simpatizantes nas mobilizacións a actos no seu apoio.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO