Resultados e recomendacións dos investigadores
De acordo coas investigacións feitas en Galicia nos últimos anos:
- O cambio de uso dunha rotación forraxeira millo-pasteiro a unha plantación de Eucalyptus globulus alterou a hidroloxía da estación seca nunha pequena bacía. Ao cabo de seis anos o nivel da capa freática anos baixaba o doble de rápido que antes da plantación (Rodríguez-Suárez et al., 2011).
- Durante os 10 primeiros anos dunha plantación de Eucalyptus globulus o caudal diminuiu nun 22%. As causas son unha maior intercepción da chuvia (sobre todo no período húmido) e unha maior evapotranspiración no período seco (Rodríguez-Suárez et al., 2014).
Como consecuencia, os investigadores recomendan que se teña en conta a influencia da plantación de Eucalyptus globulus sobre as reservas e as descargas de auga no manexo da bacía hidrolóxica (Rodríguez-Suárez et al., 2011).
Solicitudes de SGHN
Tendo en conta a devandita información, Sociedade Galega de Historia Natural ven de solicitar a Augas de Galicia e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil:
- Que avalíen a superficie agrícola transformada en plantacións de eucaliptos durante os últimos 25 anos no ámbito territorial de cada unha das bacías hidrográficas das súas competencias.
- Que avalíen as repercusións da eucaliptización de terras agrícolas sobre os caudais circulantes e as reservas de auga. Dita avaliación debería facerse para a situación actual e os escenarios de cambio climático que se barallan para Galicia.
- Que establezan, de ser o caso, as medidas oportunas dentro das súas competencias para evitar que as plantacións de eucaliptos en terras agrarias poidan afectar aos obxectivos da Directiva Marco da Auga nas bacías hidrográficas das súas competencias.
- Que informen a Sociedade Galega de Historia Natural sobre o resultado de ditas avaliacións e das medidas que adopten ao respecto.
Bibliografía citada
- Rodríguez Suárez, J.A., Díaz-Fierros, F., Pérez, R., Soto, B. 2014. Assessing the influence of afforestation with Eucalyptus globulus on hydrological response from a small catchment in northwestern Spain using the HBV hydrological model. Hydrological Processes 28, 5561-5572.
- Rodríguez-Suárez, J.A., Soto, B., Pérez, R., Díaz-Fierros, F. 2011. Influence of Eucalyptus globulus plantation growth on water table levels and low flows in a small catchment. Journal of Hydrology 396, 321-326.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.