E bastante coñecido pola cidadanía a existencia dos graves problemas que pasan @s produtores/as galegos de leite e o seu conflito coas produtoras e distribuidoras. Porén, as veces as/os que vivimos en medianas ou grandes cidades e incluso en vilas medianas, sentimos este conflito como algo lonxano no que non temos nada que facer, e non é así.
Co obxectivo de achegar a problemática dun sector produtivo básico galego e de explicar as ferramentas que calquera cidadán ten o seu alcance nas urbes para apoiar as/os [email protected] [email protected] a Eurodeputada Lidia Senra, o Deputado no Parlamento Galego Antón Sánchez, o membro da cooperativa de consumo consciente Arbore Manolo Garrido e a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego Isabel Vilalba darán unha charla con coloquio posterior co público o próximo día venres 9/10 ás 20:00 no auditorio do COAG (Rúa Doutor Cadaval 5) a charla-coloquio será presentada e moderada por Margarida Barreiro, concelleira pola Marea de Vigo.
PRENSA ANOVA VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.