Europa pon o ollo na contratación do Servizo Galego de Saúde

Todo según a resposta por parte da Comisión de Peticións e de Emprego, á denuncia formulada polo noso colectivo, hai xa un ano, no Parlamento Europeo de Bruxelas.
Publicado por o día 04/12/2020 na sección de Salud,Sanidad,Social

Europa pon o ollo na contratación do Servizo Galego de Saúde

A elevada temporalidade, incerteza e precariedade laboral das enfermeiras do Servizo Galego de Saúde está no punto de mira da Unión Europea. Así o confirmou o Parlamento Europeo de Bruxelas por mor da denuncia presentada hai un ano polo noso colectivo en colaboración coa portavoz en Europa do BNG Ana Miranda.

En resposta á mesma, o Comité de Peticións do Parlamento Europeo recibiu a resposta da Comisión Europea que sostén ao noso favor que “a lexislación española non contén medidas suficientes para evitar os abusos derivados do recurso sucesivo a contratos ou relacións laborais temporais no sector sanitario nacional”, tal como xa sentenciou o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, algo que non fai máis que reafirmar as nosas continuas reclamacións á Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde. Os feitos non quedarán aí, posto que portavoces do noso colectivo comparecerán de novo, no Parlamento Europeo onde volveremos dar voz a todas as enfermeiras eventuais e implicitamente ao resto de profesionais eventuais.

Doutra banda, a Comisión Europea e o Parlamento Europeo -por medio da súa Comisión de Peticions- continuará a investigación para asegurar que desde a Administración tomen medidas suficientes para evitar estes evidentes abusos confirmados, xa de facto, polo máximo Tribunal Europeo.

Estas políticas laborais abusivas, detectadas por Europa, non fan máis que poñer de manifesto a desatención que sufrimos o persoal sanitario, e en especial as enfermeiras como persoal máis numeroso do sistema sanitario, na última década. Un sistema xa de seu fráxil que, tras o paso da pandemia, acabou por romper. Tamén, e como xa informaramos no seu momento, a Comisión de Emprego do Parlamento Europeo está a investigar se existe unha violación da normativa comunitaria polo presunto abuso de contratación de duración determinada. Desde esta Comisión afirman que “no contexto actual, onde os traballadores de saúde están expostos a niveis extremos sen precedentes, que se cumpra a Lexislación Laboral da Unión Europea convértese nun asunto de extrema urxencia”.

Comprácenos que, desde a máxima instancia do poder comunitario, o Parlamento Europeo, se nos escoite e se nos reciba cos brazos abertos. Cremos fidedignamente que as nosas reivindicacións, non só buscan o beneficio dun colectivo profesional, senón o das e dos nosos pacientes.

Por ese motivo, cáusanos unha maior satisfacción ser as representantes e interlocutoras das enfermeiras eventuais galegas na Unión Europea.

Comentar noticia

Your email address will not be published.