Europa reitera que España incumpriu as medidas de seguridade na curva de Angrois

Antón Sánchez considera que Andrés Cortabitarte ten dereito a non declarar, pero “non ten sentido que siga sendo alto cargo de ADIF”
Publicado por o día 04/04/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política,Vigo

Europa reitera que España incumpriu as medidas de seguridade na curva de Angrois

En Marea considera que a Axencia Ferroviaria Europea volveu a lembrarlle ao goberno español e a ADIF que incumpriron as medidas de seguridade na curva de Angrois, unha vez que retiraron o sistema ERTMS sen establecer outro sistema de seguridade alternativo. Deste xeito, traspasaron toda a responsabilidade aos maquinistas. Europa recorda que non se respectou a normativa europea en esta materia.

Ademais, o deputado Antón Sánchez sinalou que esta circunstancia de falta de seguridade “xa foi recordada por En Marea en cada unha das ocasións nas que tivemos oportunidade de falar sen que o goberno quixera aceptala”. O deputado tamén explicou, referida ás negativas a declarar de Andrés Cortabitarte, responsable da seguridade da liña Ourense-Santiago, que está no “seu dereito a non declarar, pero tamén é verdade que segue sendo alto directivo de ADIF e debería ser cesado nesa empresa xusto polo mesmo que está dicindo Europa”.