A coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea, Eva Solla vén de participar no programa “Bos Días” da TVG, presentado polo xornalista Marcos Sueiro, no que falou de diversos temas de actualidade política.
Nada máis arrincar, falaron de Alcoa e “a necesidade de invertir na industria do noso país coa fin de protexer os postos de traballo”. Solla aplaudiu o preacordo acadado entre os sindicatos e a empresa estadounidense respecto ao ERE. “Se ben Alcoa actúa como un monopolio, se pode valorar a aplicación do artigo 128 da Constitución como opción para preservar a produción industrial en beneficio do interese xeral” de cara a garantir a produción de aluminio primario, así como para preservar os postos de traballo nas factorías.
Respecto aos Orzamentos do 2019, Solla lembrou que é preciso que “se invirta diñeiro para crear infraestruturas que vertebren o noso país”, en relación ás autovías e as liñas de tren. Por último, destacou que, “de cara ás municipais, é a nosa obriga tecer alianzas e seguir a traballar nos espazos de confluencia”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.
Una respuesta para "Eva Solla: “A nosa obriga é tecer alianzas e seguir a traballar nos espazos de confluencia”"