Eva Solla: “A ONCE ten que recuperar a función social e deixar de funcionar como un negocio”

Esquerda Unida súmase á concentración de CCOO contra a represión sindical e a vulneración dos dereitos de vendedores e vendedoras do cupón da ONCE
Publicado por o día 18/01/2020 na sección de Esquerda Unida,Grupo Común da Esquerda,Política

Eva Solla: “A ONCE ten que recuperar a función social e deixar de funcionar como un negocio”

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada do Grupo Común da Esquerda, xunto con Loreto Taibo, membro da dirección nacional de Esquerda Unida, estiveron esta mañá na concentración convocada polo sindicato CC.OO. para denunciar a represión sindical e reivindicar a estabilidade laboral dos vendedores e vendedoras do cupón da ONCE.

En declaracións a medios, Solla asegurou que “a non renovación de contrato da traballadora Begoña é un caso de represión sindical que se une á precariedade laboral que están a sofrer as traballadoras e traballadores da ONCE, en moitos casos (tamén o dela) con contratos en fraude de lei, cunha reducción drástica do número de vendedoras e vendedores con discapacidade visual”.

Por todas estas cuestións, a coordinadora naciona de Esquerda Unida ten claro que “a ONCE, en vez dun elemento de inclusión social, está a ser un negocio”. “Por iso reclamamos melloras nos dereitos laborais para as traballadoras e os traballadores, esiximos liberdade sindical e incidimos en que a ONCE ten que recuperar a función social”.  

Comentar noticia

Your email address will not be published.