Eva Solla: “A prostitución non tería cabida se non vivísemos nunha sociedade patriarcal, na que os homes poden entender que as mulleres son un obxecto a consumir”

Por o 13/03/2018 | Sección: Esquerda Unida,Política
Eva Solla: “A prostitución non tería cabida se non vivísemos nunha sociedade patriarcal, na que os homes poden entender que as mulleres son un obxecto a consumir”

Esquerda Unida organizou este martes en Ourense a charla: “A prostitución, unha estratexia do capitalismo”, impartida pola coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, un acto enmarcado na programación que Esquerda Unida está a levar a cabo co tema central do feminismo co título: “Co feminismo nos talóns: ¡Que non che conten películas!”.

 Segundo explicou Eva Solla, a prostitución funciona como “unha estratexia do capitalismo, xa que non hai que perder de vista que a maioría das mulleres que exercen a prostitución son pobres e o fan de maneira forzada. Doutra banda, a prostitución non tería cabida se non vivísemos nunha sociedade patriarcal, nunha sociedade na que os homes poden entender que as mulleres son un obxecto a consumir”.

“Calcúlase que o 40% dos homes no Estado español consumen ou consumiron nalgún momento prostitución na súa vida e, segundo o Informe da Comisión Mixta do Congreso dos Deputados realizado no ano 2007, calculaba que cada día se gastaban en España 50 millóns de euros en prostitución”, sinala a coordinadora de Esquerda Unida, “uns datos que deixan vulnerables a mulleres e nenas que son explotadas en diversos clubs, pisos e rúas”.

“A prostitución, xunto coa venta de armas e narcotráfico, é un negocio que máis millóns de euros move no mundo. De feito, en 2014 o Goberno central decidiu computar actividades como a prostitución no PIB, mostrando o total desprezo do Goberno ás mulleres vítimas de trata en unha situación que, para nós, é de violencia machista extrema”.

Para Esquerda Unida, a trata de mulleres é a manifestación máis crúa tanto do capitalismo como do patriarcado. A seguinte e última charla será impartida pola senadora de En Marea, Vanessa Angustia, tratará a idea actual do amor romántico e será o día 22 de marzo en Compostela.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.