Eva Solla: “É inadmisible que mulleres embarazadas compartan espazo con outros pacientes polo peche de camas no Hospital do Salnés”

Os deputados Eva Solla e Marcos Cal visitaron as instalacións do centro hospitalario acompañados da subdirectora médica, pois o hospital está sen dirección de novembro.
Por o 13/07/2017 | Sección: En Marea,Galicia,Política,Sanidad,Vilagarcia
Eva Solla: “É inadmisible que mulleres embarazadas compartan espazo con outros pacientes polo peche de camas no Hospital do Salnés”
Compartir en:

Esta mañá a voceira de Sanidade de En Marea, Eva Solla, e mailo deputado por Pontevedra, Marcos Cal, acudiron ao Hospital Comarcal do Salnés para visitar as súas instalacións e constatar que neste centro durante os meses de verán se pechará toda a planta 3, mesturando os pacientes no resto das plantas. “Estivemos tamén cos celadores e celadoras do centro, que teñen unha problemática relacionada coa ausencia de persoal suficiente para cubrir a totalidade de pacientes no hospital”, sinalou Eva Solla en declaracións a medios trala visita, para quen é inconcebible que “na quenda de noite se queden só tres celadores en todo o hospital, incluídas as novas instalacións, que acaban de abrir”.

Logo da xuntanza con representantes da Xunta de Persoal, a Subdirectora médica do centro hospitalario amosoulles a Solla e Cal as novas instalacións. “Dá a circunstancia de que dende novembro está vacante a dirección do centro”, denunciou a deputada de En Marea. “A necesidade de máis quirófanos e unha REA para o centro era unha vella reivindicación, non se cumpriu outra demanda que era a petición dunha área intermedida de Coidados Intensivos para outro tipo de pacientes máis complexos”, engadiu.

O que máis lle preocupa a En Marea é a ausencia de persoal, “que arrastra o centro dende que pasou de ser unha Fundación a formar parte do Servizo Galego de Saúde”, problema que trasladará ao Parlamento de Galicia. “Tampouco nos parece normal que mulleres que vaian a dar a luz estean mezcladas na mesma planta con pacientes de medicina interna, de uroloxía, de traumotoloxía e doutras especialidades”, denunciou Eva Solla, que lembrou que no periodo de verán na zona se incrementa moito a poboación, polo que é inadmisible o peche de camas.