Eva Solla e Manuel Martín impartirán en Vigo o coloquio que leva por título: “Por que dicimos NON á reforma da Lei de Saúde de Galicia”

Publicado por o día 29/01/2018 na sección de Esquerda Unida,Política,Sanidad

Eva Solla e Manuel Martín impartirán en Vigo o coloquio que leva por título: “Por que dicimos NON á reforma da Lei de Saúde de Galicia”

Esquerda Unida Vigo organiza mañá martes 30 de xaneiro, a partir das 20 horas, no Auditorio do Areal de Vigo (Rúa Oporto, 1), o coloquio que leva por título “Por que dicimos NON á reforma da Lei de Saúde de Galicia” da man de Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia por En Marea, e Manuel Martín, voceiro nacional da Plataforma Sos Sanidade.

 

Eva Solla e Manuel Martín debaten en Vigo sobre a reforma da

Lei de Saúde de Galicia

Hora: 20 horas.

Data: Martes, 30 de xaneiro.

Lugar: Auditorio do Areal de Vigo (Rúa Oporto, 1).