Eva Solla esixe ao Goberno os datos das listas de espera non estruturais “para saber que persoas poderían estar sendo intervidas e non se están a atender”

Por o 25/06/2019 | Sección: Esquerda Unida,Política
Eva Solla esixe ao Goberno os datos das listas de espera non estruturais “para saber que persoas poderían estar sendo intervidas e non se están a atender”
Compartir en:

Eva Solla, deputada e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, insta de novo ao Goberno Galego a ofrecer os datos das listas de espera non estruturais do SERGAS, “cumprindo así as solicitudes de información que recolle o artigo 9 do Regulamento da Cámara” e que permita as e os deputados a contar cunha “información sumamente necesaria para facer o noso traballo e coñecer, entre outras cuestións, que persoas poderían estar sendo intervidas e non se están a atender, cos problemas tan serios que isto trae consigo”.

É a segunda vez que Solla pregunta no Parlamento se é preciso “recorrer á xustiza ordinaria para coñecer os datos das listas de espera non estruturais”. Ao respecto, a deputada volveu denunciar a falta de transparencia da Consellería de Sanidade, así como “a inexplicable acción de pechar as camas este verán e recortar os servizos mentres existan listas de espera”.

Ao xuízo da deputada, non mostrar estas cifras deixa ver a “inexistente planificación real” por parte da Xunta á hora de intentar evitar, por exemplo, os colapsos vividos noutros anos. É por iso que Solla esixiu que non houbera peches de unidades este verán, unha medida “que tampouco facilita a continuidade asistencial e non fomenta a organización”.

Doutra banda, Solla sinalou que “hai un vicio habitual de trasladar que non hai profesionais especialistas para cubrir algúns servizos en verán, pero cando preguntamos onde faltan estes profesionais e en que centros están non se nos trasladan os datos”, sinala. Por último, a deputada incidiu na necesidade de recuperar progresivamente as prazas amortizadas tanto en atención primaria como hospitalaria, negociando coas representantes sindicais a súa oferta pública.

Comentar noticia

Your email address will not be published.