Eva Solla: “Esquerda Unida mobolízase neste 14 de abril ante a necesidade dun proceso constituínte que nos leve a unha terceira república baseada valores do feminisimo, socialismo e ecoloxismo”

Por o 14/04/2018 | Sección: Esquerda Unida,Política
Eva Solla: “Esquerda Unida mobolízase neste 14 de abril ante a necesidade dun proceso constituínte que nos leve a unha terceira república baseada valores do feminisimo, socialismo e ecoloxismo”

Hoxe 14 de abril, en conmemoración da proclamación da Segunda República, Esquerda Unida sumouse ás mobilizacións cívicas convocadas polo colectivos republicanos por todo o país. A nosa Coordinadora Nacional, Eva Solla participou na manifestación que tivo lugar en Vigo.

Dende Esquerda Unida consideramos que é preciso sinalar e denunciar a incompatibilidade deste sistema actual coa sustentabilidade medioambiental do planeta, coa falta de dereitos que están a padecer as mulleres e cunha situación a nivel social marcada pola “lei mordaza” e demais normas, cada vez se parece menos a unha democracia avanzada.

A República representa un modelo de estado que supón o amparo de todos os dereitos sociais e civís que hoxe defendemos con outros colectivos e organizacións de homes e mulleres de esquerda que defendemos o modelo dun estado moderno, feminista, socialista que defenda os dereitos sociais e o reparto da riqueza” di Eva Solla.

Hoxe máis que nunca é necesario construír, neste sentido as bases e o marco do proceso constituínte para unha República que ampare a paz e a palabra como método de resolución dos conflitos xusto no día que vemos que Estados Unidos e os seus adláteres volven bombardear país soberano” -manifesta Solla- como é Siria.

Dende Esquerda Unida queremos tamén manifestar neste día 14 de abril, a repulsa ante estes ataques, así como facemos unha chamada á paz como método para a resolución de conflitos.

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.