Eva Solla participa mañá xoves 27 na presentación do libro de Joan Coscubiela, en Vigo

Publicado por o día 26/09/2018 na sección de CC.OO,Esquerda Unida,Eventos,Galicia,Política,Sindicatos,Vigo

Eva Solla participa mañá xoves 27 na presentación do libro de Joan Coscubiela, en Vigo

Mañá xoves 27 de setembro, a partir das 20 horas na Casa do Libro de Vigo, o ex deputado do Parlament de Catalunya, Joan Coscubiela, presentará o seu libro, que leva por título: “Empantanados. Una alternativa federal al sóviet carlista”. Nesta presentación tamén intervirá a coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, xunto ao secretario xeral de CCOO Galicia, Ramón Sarmiento.

 

Presentación, polo autor, do libro: “Empantanados. Una alternativa federal al sóviet carlista”, con Eva Solla e Ramón Sarmiento

 

Hora: 20 horas.

Data: Xoves, 27 de setembro.

Lugar: Casa do Libro de Vigo (Velázquez Moreno, 27, Vigo).