Eva Solla pregunta no parlamento sobre a situación de desprotección que sufríu o cativo de 2 meses en Lugo

Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Esquerda Unida,Política

Eva Solla pregunta no parlamento sobre a situación de desprotección que sufríu o cativo de 2 meses en Lugo

A protección dos menores polos diferentes Poderes Públicos supón unha obriga de especial importancia para garantir un bo desenvolvemento vital para os nenos e nenas.

“A situación de desprotección na que se atopou o cativo de 2 meses en Lugo, que se tivo constancia neste mes de agosto, é dunha gravidade extrema e puxo de manifesto a existencia de deficiencias na comunicación entre as administracións” di Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida.


A descoordinación en cuestións que poñen en perigo a vida das persoas non é asumible para ningunha administración, polo que é necesaria a revisión de protocolos para evitar que se repitan situacións como a acontecida en Lugo, onde todo apunta a que non foron empregadas todas as vías de comunicación necesarias para garantir a atención adecuada ante unha situación de vulnerabilidade dun menor.

A deputada levará ao parlamento unha batería de preguntas para coñecer o contido e funcionamento dos protocolos existentes entre administracións.

Comentar noticia

Your email address will not be published.