Eva Solla presenta no Pleno unha enmenda á totalidade á nova Lei de Farmacia

Publicado por o día 07/05/2019 na sección de En Marea,Política

Eva Solla presenta no Pleno unha enmenda á totalidade á nova Lei de Farmacia

A deputada de En Marea, Eva Solla, vén de presentar esta mañá no Pleno unha enmenda á totalidade á nova Lei de Farmacia, que ten que ter en conta “o dereito ao acceso a tratamentos sanitarios contemplados na propia Lei. É necesario que se plantexe a posibilidade de contar con farmacias 100% públicas”, indicou Solla, que denunciou os casos das persoas que non poden acceder a tratamento médico por motivos económicos.

Respecto a este tema, Solla recalcou que semella que “non hai intención de establecer un control con respecto ao acceso a certos tratamentos por problemas económicos do paciente por parte do Goberno Galego”.

“Temos dificultades en moitas vilas e cidades para que as mulleres poidan acceder a certos anticonceptivos. A obxeción de conciencia dos titulares das farmacia non pode estar por riba dos dereitos das mulleres”, sinalou a deputada.

“Un goberno autonómico serio deberia abordar o desabastecementos de fármacos”, apuntou.

Ver a súa intervención en: