Evacuada con queimaduras unha persoa ao incendiarse a furgoneta na que viaxaba en Pontevedra

Publicado por o día 08/11/2018 na sección de Sucesos

Evacuada con queimaduras unha persoa ao incendiarse a furgoneta na que viaxaba en Pontevedra

Unha persoa resultou ferida esta tarde en Pontevedra ao queimarse despois de que a furgoneta na que circulaba comezase a arder. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a persoa que viaxaba no turismo incendiado tivo que ser trasladada polos efectivos sanitarios ao Hospital Montecelo.

Ocorreu no campo de fútbol do Castelo, na parroquia de Lérez, ao fío das 13:45 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar dos feitos e, decontado, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Pontevedra, á Policía Local e a Protección Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.