Evacuada en helicóptero unha persoa ferida despois que o tractor que manexaba sufrise unha avaría en Lobios

Por o 20/04/2019 | Sección: Sucesos
Evacuada en helicóptero unha persoa ferida despois que o tractor que manexaba sufrise unha avaría en Lobios
Compartir en:

Unha persoa resultou ferida na mañá de hoxe ao romperlle o embrague do tractor que manexaba nunha finca na localidade ourensá de Barreal. Segundo puido saber o 112 Galicia, o ferido quedou atrapado por un dos seus membros inferiores a causa da avaría na maquinaria agrícola.

Ata o lugar dos feitos desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense, no que o condutor do tractor foi trasladado ata o Hospital Cristal.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 10:00 horas a través da alerta dunha persoa particular. Decontado, os xestores do CIAE puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Lobios, da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar do incidente, os servizos de emerxencia confirmaron que non foi necesario o uso do material de excarceración.

Comentar noticia

Your email address will not be published.