Evacuada en helicóptero unha persoa que sufriu unha lesión na Pobra do Caramiñal

Publicado por o día 22/07/2020 na sección de Sucesos

Evacuada en helicóptero unha persoa que sufriu unha lesión na Pobra do Caramiñal

Os servizos de emerxencia desprazaron ata a zona do Río das Pedras, no concello coruñés da Pobra do Caramiñal,  un helicóptero de rescate para efectuar a evacuación dunha persoa que resultou ferida nunha zona de difícil acceso.

Segundo a información facilitada polo particular que chamou ao 112 Galicia, preto das once horas desta mañá, a persoa atopábase na zona dos tobogáns naturais, nunha das piscinas localizada no monte da Curota, cando escordou un pé.

Ao tratarse dunha zona onde o acceso directo por terra facíase inviable para os equipos de intervención, activouse un operativo que contou coa colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, dos membros de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

De feito, foi a aeronave de Salvamento Marítimo a que, finalmente, puido rescatar ao paciente e trasladalo ata o centro hospitalario de referencia.

Durante as labores de evacuación, os Bombeiros de Ribeira e de Boiro, xunto aos axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade, estiveron coordinados para prestar apoio en terra ao equipo de rescate a bordo da aeronave.

Comentar noticia

Your email address will not be published.