Evacuada unha muller con síntomas de intoxicación por inhalación de gases en Cuntis

Publicado por o día 28/01/2019 na sección de Sucesos

Evacuada unha muller con síntomas de intoxicación por inhalación de gases en Cuntis

Os servizos sanitarios trasladaron esta tarde a unha muller ao Hospital Montecelo que presentaba síntomas de intoxicación por inhalación de gas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse pouco antes das 17:00 horas, na parroquia pontevedresa de Santa María de Cuntis. En este momento, o 061-Urxencias Sanitarias acudiu ao número dez da Rúa Xoán Xesús González para atender a unha señora mareada e con diversos síntomas dunha posible intoxicación.

Desde o 112 Galicia, informouse aos Bombeiros de Vilagarcía, ao GES da Estrada, á Garda Civil, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade e da Estrada. Os feitos tamén foron postos en coñecemento dos responsables da empresa que subministra o gas á vivenda.

Unha vez realizadas as medicións necesarias, os servizos de emerxencia confirmaron que tratouse dunha avaría na caldeira.

Comentar noticia

Your email address will not be published.