Evacuadas vinte e oito persoas tras un incendio no almacén dunha cafetería nun centro comercial en Narón

Un incendio declarado a pasada noite en Narón no almacén dunha cafetería nun centro comercial provocou danos materiais no interior do local de hostalaría, sen que ningunha persoa resultase ferida. Iso si, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os servizos de emerxencias que se desprazaron para atallar o lume evacuaron a vinte e oito persoas, oito delas se atopaban na cafetería e as vinte persoas restantes nunha sala dos cines do centro comercial.

Varios particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do incendio ao fío das 00:30 horas.

A partir de aí, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Narón e da Policía Local.

Unha vez no lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón sufocaron o lume, que quedou extinguido ás 01:00 horas.

Polo momento descoñécense as causas que provocaron o incendio.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM