Evacuado en helicóptero despois de quedarlle unha man atrapada nunha máquina en Valga

Publicado por o día 28/09/2018 na sección de Sucesos

Evacuado en helicóptero despois de quedarlle unha man atrapada nunha máquina en Valga

Un home tivo que ser trasladado no helicóptero medicalizado con base en Santiago despois de quedarlle unha man atrapada mentres manexaba unha máquina agrícola en Valga. Sucedeu nunha leira do lugar de Balleas, na parroquia de Cordeiro.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 17:20 horas para alertar do ocorrido e, decontado, dende o 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Vilagarcía, do GES de Valga e da Garda Civil.

Unha vez que o home foi liberado polos servizos de emerxencia, os efectivos sanitarios evacuaron na aeronave ao ferido ata o centro hospitalario de referencia.