O ocupante dun turismo foi trasladado esta tarde polo helicóptero medicalizado con base en Ourense para ser atendido das lesións provocadas por un choque entre dous coches en Xinzo.
Foi unha persoa particular quen, ás 17:30 horas de hoxe, chamou ao 112 Galicia para dar conta deste accidente no que tamén resultou ferida outra persoa.
Decontado, o persoal do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que dirixiron a aeronave ao enlace entre a A-52 e a N-525, onde se produciu a colisión entre os dous turismos.
Como consecuencia do impacto, un dos implicados sufriu lesións de consideración, polo que foi evacuado no helicóptero, mentres que a outra persoa foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Neste operativo colaboraron, tamén, os voluntarios de Protección Civil da localidade, así como dos axentes da Policía Local e da Garda Civil.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.