Un operario resultou ferido esta tarde en Castrelo de Miño ao caer desde o alto dun silo duns seis metros de altura. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o traballador rematou encima dun tellado a dous metros do chan.
Os feitos ocorreron no lugar da Bouza, na parroquia de Macendo. Ata alí desprazouse o helicóptero medicalizado do 061-Urxencias Sanitarias con base en Ourense, que evacuou ao operario ferido ata o centro hospitalario de referencia.
Unha persoa particular alertou do sucedido ao 112 Galicia ao fío das 15:40 horas e, decontado, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil, a Protección Civil, ao GES de Ribadavia e aos Bombeiros do Carballiño.
Unha vez no lugar do accidente laboral, os servizos de emerxencia baixaron do tellado ao operario e foi trasladado na aeronave a un centro hospitalario.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.