Evacuado un mozo nunha praia de Moa√Īa de dif√≠cil acceso

Publicado por o d√≠a 29/07/2020 na sección de Galicia,Moa√Īa,Sucesos

Evacuado un mozo nunha praia de Moa√Īa de dif√≠cil acceso

Uns mari√Īeiros da zona rescataron a pasada noite a un mozo que precisaba asistencia sanitaria. O rapaz atop√°base na praia do Con, en Moa√Īa, nun lugar de dif√≠cil acceso.

Faltaban dez minutos para as 22:00 horas, cando o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicitou axuda ao 112 Galicia para evacuar a un paciente que se atopaba nunha cala pequena, na praia de Con. Indicaban que o acceso por terra era moi complexo, polo que posiblemente, sería necesario facer o rescate por mar.

Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas, que barallarían a posibilidade de enviar unha embarcación para evacuar ao rapaz si se confirmara a imposibilidade de facelo por terra.

Así mesmo, os xestores do 112 informaron aos axentes da Garda Civil, da Policía Local, da Policía Autonómica e aos Bombeiros do Morrazo e de Vigo.

Unha vez no punto, os axentes da Polic√≠a Local confirmaron o acceso por terra e o rapaz, tras ser rescatado, foi trasladado por uns mari√Īeiros da zona nunha embarcaci√≥n ata o peirao da praia, onde o agardada unha ambulancia para derivalo ao centro sanitario da localidade.

Rescate na Pobra do Carami√Īal

Por outra banda, o 112 Galicia tam√©n foi alertado, pasadas as 19:00 horas deste martes, de d√ļas persoas¬†en apuros nun areal da Pobra do Carami√Īal, no lugar de Cab√≠o, entre a Punta de Cab√≠o e a praia da Illa. Afortunadamente, os dous, o pai e a filla, foron rescatados sans e salvos.

Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia. Indicaba que un home e unha nena ían nunha táboa e os levaba o vento contra as bateas e asemellaba que estaban en apuros.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en co√Īecemento de Salvamento Mar√≠timo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. De igual xeito, informaron √° Garda Civil e √° Polic√≠a Local. Tam√©n, postos en contacto cos socorristas, durante a conversa, comunicaron que un barco de pesca se estaba achegando a eles.

Finalmente, foron recollidos polo pesqueiro, sans e salvos, e levados ata a beira do areal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.