Evacuado un operario que caeu dunha altura mentres traballaba en Porto do Son

Publicado por o día 10/09/2018 na sección de Sucesos

Evacuado un operario que caeu dunha altura mentres traballaba en Porto do Son

Un operario resultou ferido grave a causa dunha caída de altura que sufriu mentres traballaba na parroquia de Miñortos, en Porto do Son.

Foi un compañeiro quen ás 13 horas de hoxe chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para o operario, que quedou inconsciente despois da caída duns seis metros de altura. Decontado, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, que enviaron ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Pouco despois, o traballador era evacuado na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago para tratarse das lesións provocadas pola caída que o deixou sen sentido.

Neste operativo participaron, tamén, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.