Un varón foi evacuado esta tarde ao Hospital Álvaro Cunqueiro despois de ser rescatado da auga no Porto de Vigo.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse ás 13:15 horas de hoxe preto do Club Náutico. Alí acudiu unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias e os axentes da Policía Nacional. Tamén foi informado o persoal de Salvamento Marítimo de Vigo, aínda que, axiña, os medios desprazados no lugar comunicaron que o home estaba xa fóra da auga.
Tras recibir os primeiros coidados, o varón foi trasladado ao centro hospitalario de referencia sen que, de momento, se coñecen as circunstancias que rodearon este suceso.
Noticias de última hora en Vigo