Evacuados dous operarios que sufriron queimaduras ao estourar o depósito de gasolina dunha moto nun taller en Arteixo

Publicado por o día 03/09/2018 na sección de Sucesos

Evacuados dous operarios que sufriron queimaduras ao estourar o depósito de gasolina dunha moto nun taller en Arteixo

Dous traballadores dun taller resultaron feridos esta tarde en Arteixo despois de que estourase o depósito de gasolina dunha moto. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os dous operarios, que sufriron queimaduras debido á deflagración, foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Ademais, por mor do estoupido, declarouse un pequeno incendio que foi extinguido polos traballadores do taller cun extintor.

Os feitos tiveron lugar no Alto de Pastoriza, ao fío das 13:05 horas. Nese momento, o 061-Urxencias Sanitarias alertaba ao 112 Galicia do ocorrido.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Protección Civil, dos Bombeiros de Arteixo e da Policía Local.