Excarcerada a muller do interior do vehículo que chocou esta mañá contra un camión

Por o 29/01/2019 | Sección: Sucesos
Excarcerada a muller do interior do vehículo que chocou esta mañá contra un camión

Finalmente, os Bombeiros de Sarria confirmaron ao 112 Galicia que a condutora do turismo que bateu contra un camión no concello do  Corgo (Lugo) tivo que ser excarcerada ao quedar atrapada entre os ferros do turismo. Segundo indicaron, tratouse dunha colisión lateral, cando os vehículos circulaban á altura do punto quilométrico 490 da N-VI.

Ata o lugar desprazáronse ademais dos Bombeiros, axentes de Tráfico e persoal do servizo de mantemento da estrada, os servizos sanitarios de urxencia, que trasladaron á muller ferida ao centro hospitalario de referencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.