Unha muller resultou ferida esta mañá en Ponteceso ao saírse da vía o coche no que viaxaba. Segundo puido saber o 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Carballo e os efectivos do GES de Ponteceso, ao quedar atrapada no interior do turismo.
O accidente ocorreu en Corme Aldea, ao fío das 10:15 horas. Unha persoa particular alertaba do sinistro nese momento ao 112 Galicia e, decontado, o persoal do 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.
Unha vez liberada, a muller foi evacuada a un centro hospitalario.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.