Excarcerada unha persoa despois de envorcar o turismo no que circulaba en Pazos de Borbén, Pontevedra

Publicado por o día 21/06/2020 na sección de Sucesos

Excarcerada unha persoa despois de envorcar o turismo no que circulaba en Pazos de Borbén, Pontevedra

Unha persoa resultou ferida a pasada noite no concello pontevedrés de Pazos de Borbén ao envorcar o coche no que viaxaba. Segundo puido saber o 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos bombeiros, ao quedar atrapada no interior do turismo, para que fose atendida polos servizos sanitarios.

O accidente ocorreu ao fío das 21:15 horas na parroquia de Nespereira.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para informar dun turismo totalmente envorcado no lugar de Alvites e, decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Porriño e de Vigo e á Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, a persoa ferida foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Coche envorcado na Coruña

Por outra banda, na Coruña, unha saída de vía dun coche na Avenida da Ponte Pasaxe saldouse cunha persoa ferida. Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia poucos minutos despois das sete horas da tarde para solicitar axuda para o ocupante dun turismo accidentado.

Nada máis ter constancia do sinistro, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros da Coruña, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de intervención confirmaron que a persoa atopábase liberada e accesible.

Para efectuar a limpeza da vía, desde o 112 solicitouse a colaboración do persoal de mantemento das estradas. Ademais, avisouse tamén aos membros de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa intervención.

Comentar noticia

Your email address will not be published.